Comedor

O  Colexio  ten  contratado  este  servizo  coa  prestixiosa  empresa  SERUNIÓN.  Os  alumnos/as  que  o  desexen  poden  solicitar   este  servizo, ben  de  maneira  continuada  ó  longo  do  curso  ou  en  días  soltos. No caso de quedar esporádicamente, deberán anotarse na Secretaría antes das 14:30h. do día anterior (requisito do novo proceso de Liña fría)

Os  pais poderán recoller ós seus fillos dende as 15:30h. ata as 16:00 horas. A  partires  desta  hora poderanse incorporar ás  actividades  extraescolares  ou  asistir  á  biblioteca  ou  o  estudio  programado. (Ver Reglamento recollida alumnos/as)

Con  anterioridade,  a  empresa   informa  do   menú  de  cada  día  do  mes, de maneira  que os  pais/nais  estean  enterados  e  poidan  organizarse   mellor  coas comidas  na  casa  mantendo  o  equilibrio  nutritivo  aconsellable  nestas  idades. Poden consultalo en http://www.serunion-educa.com/ ou na sección Menú do Comedor desta páxina.

Existe a posibilidade de adaptar o menú as necesidades médicas ou relixiosas dos nosos alumnos.

Os  alumnos/as  que  disfrutan  do  servicio  do  Comedor  son   atendidos  en  todo  momento por tres  profesores  que  se  ocupan  deles  ata  que  a  súa  familia  os  recolla. A  hora  da comida  comporta  un  importante  traballo  educativo como é  a  aceptación  por  parte  dos alumnos  dunha  dieta  variada, unha  aprendizaxe  das  normas  relacionadas  con  este espacio e unha autonomía sobre  todo  dos  máis  pequenos.

Información comedor

Ficha inscrición comedor

Autorización para recollida de alumnos de Ed. Infantil Autorización para saída de alumnos de ESO do centro