Preguntas Frecuentes

Recollemos a continuación algunhas das consultas máis habituais acerca do Colexio, os servizos e as actividades relacionadas co centro. Se a súa dúbida non está contemplada neste listado de preguntas frecuentes, escríbanos a través do formulario de contacto.


> ¿A quen teño que avisar no caso de que o meu fillo/a chegue tarde ou non poda acudir a clase?

No caso de que o voso fillo/a, por calquiera motivo, chegue tarde ou falte a clase por unha causa sabida con anticipación, deberedes avisar ó profesor con antelación, e presentarlle despois unha xustificación por escrito, ben sexa oficial (Sergas, DNI, etc…) ou firmada por algún dos titores.

No caso de que sexa por unha causa repentina (enfermidade, etc…) deberedes chamar a Secretaría, dende onde avisarán ó profesor, e despois, presentar a xustificación da mesma maneira.

No caso da ESO, seguirase o mesmo procedemento e, ademáis, dende a Secretaría chamarase diariamente, tanto de mañá como de tarde, á casa dos alumnos/as que non acudan a clase.

> ¿Existen menús especiais no comedor?

Existe a posibilidade de adaptar o menú ás necesidades médicas (diabetes, alerxias alimenticias, etc…) ou relixiosas dos nosos alumnos, sexan permanentes ou puntuais (astrinxente, branda…). Neste último caso, poderedes comunicalo na Secretaría.

> ¿Qué fago se quero anotar ó meu fillo a comedor ou aula matinal?

En calquiera dos dous casos, se os vosos fillos/as van asistir de maneira fixa (sexan todos ou determinados días), deberedes avisar na Secretaría do Centro a última semana do mes anterior.

No caso de precisar facer uso dalgún destes servizos de manera esporádica, deberedes avisar o día anterior. No caso do comedor, antes das 14:30h.

Se por unha urxencia ou imprevisto necesitásedes facer uso de calquiera dos servizos, deberedes poñervos en contacto con Secretaría.