Instalacións e Equipamento

As instalacións do Colexio Alba reúnen as condicións hixiénicas, acústicas, de habitabilidade e seguridade que se sinalan na lexislación vixente, sendo concebidas en función das necesidades (afectivas, de autonomía, de movemento, socialización, fisiolóxicas e de descubrimento) dos nenos/as e do resto da Comunidade educativa.

Espazos abertos

  • Patio de 2000 m2 .
  • Pista de fútbol e baloncesto
  • Zona cuberta para os días de chuvia.
  • Parque infantil cuberto con chan de seguridade.
  • Zona de areal con árbores
  • Porta de acceso exclusiva para Ed. Infantil.

Espazos pechados

  • Ascensor
  • 2 aulas por curso dende 3 anos ata 4º da ESO
  • Ximnasio con vestiarios de nenos e nenas con duchas
  • Biblioteca e estudio
  • Comedor
  • Sala de Audiovisuais e Música
  • Sala de usos múltiples para Ed. Infantil
  • 2 aulas de Apoio
  • Despacho do Departamento de Orientación
  • Aula de Informática
  • Laboratorio
  • Aula de Tecnoloxía
  • Aula de Ed. Artística
  • Sala de Xuntas
  • Sala de profesores
  • Secretaría
  • Baño de minusválidos