Historia do Colexio Alba

O Colexio Alba atópase ubicado na Rúa Esperanto nº8, moi preto da encrucillada dos Choróns (Pizarro con Urzáiz). Tivo as súas orixes no colexio Mezquita na rúa García Barbón, trasladándose á súa actual ubicación no ano 1959. Nos seus comezos era un dos poucos colexios con internado, medio pensionistas e alumnos externos nesta cidade. A el acudían non só alumnos do núcleo urbano, senón tamén alumnos cuxos pais, emigrantes en México, Venezuela. Panamá, etc… deixaban ao coidado dos mestres durante todo o curso. O Colexio foise adaptando ás novas esixencias que as leis de Educación ían marcando; sufrindo unha transformación moi importante ao longo destes máis de 50 anos de historia sendo, actualmente, un centro plurilingüe privado concertado que imparte as ensinanzas de Ed. Infantil, Primaria e ESO. Álbum de fotos: fotos antigas do Colexio Alba