Xornadas de portas abertas: Admisión de alumnos Curso 2019/2020

Un ano máis chega o momento de tomar a decisión de escolarizar aos vosos fillos. Por isto, invitámosvos a coñecer o noso centro nas Xornadas de Portas Abertas que se realizarán os seguintes días:

  • Sábado 23 de febreiro: Ás 11, 11:30 ou 12h.
  • Xoves 28 de febreiro: Ás 16:30, 17, 17:30 ou 18h.
  • Xoves 7 de marzo: Ás 16:30, 17, 17:30 ou 18h. 

Durante eses días ensinarémosvos as instalacións e aclararemos todas as vosas dúbidas porque o noso compromiso está coa educación dos vosos fillos. Estariamos encantados de que formásedes parte da nosa gran familia.

É necesario concertar unha cita na Secretaría do colexio ou chamando ao 986 411 810 ou ao 986 413 933.

Esperámosvos.