Xornada de portas abertas: Admisión de alumnado para o curso 2018/2019

Un ano máis chega o momento de tomar a decisión de escolarizar aos vosos fillos. Por isto, invitámosvos a coñecer o noso centro nas Xornadas de Portas Abertas que se realizarán os días 22 de febreiro e 1 de marzo, de 16:30 a 18:30h. Estariamos encantados de que formásedes parte da nosa gran familia.

Durante eses días ensinarémosvos as instalacións e aclararemos todas as vosas dúbidas porque o noso compromiso está coa educación dos vosos fillos.

Non é necesario solicitar cita.