V Intercambio con Alemaña: Comeza a aventura

O pasado mércoles 6, trece dos nosos alumnos de 2º e 3º de ESO, xunto con dous mestres, iniciaron o noso V intercambio con Alemaña. Convivirán ata o día 14 con familias de Gross Gerau. Asistirán a un instituto especializado en idiomas, música e deportes, polo que, ademáis dunha visita a Frakfurt, realizarán actividades como a escalada.

Sentíronse moi arropados grazas ao caluroso recibimento que lles fixeron tanto as familias alemanas como o centro ao que acuden.

Para ver as fotos, pinchade aquí