Premio Galicia á Excelencia educativa 2018

É un orgullo para todos os que formamos parte do Colexio Alba comunicarvos que a Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado(CECE), concedeunos o “Premio Galiza á Excelencia educativa 2018”

A entrega do premio tivo lugar o pasado 26 de maio, en Santiago de Compostela, contando coa presencia de D. José Manuel Pinal, Director Xeral de Centros e RRHH da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O colexio estivo representado por Perfecto Leirós Valverde, director do centro, Margarita Pérez Gómez, Xefa de estudos, e por Delia Vilar Casas e Mª Jesús Pereda Vázquez, antigas directoras do mesmo.

Este premio supón un recoñecemento á nosa traxectoria educativa, de máis de 50 anos de historia, polo que queremos compartilo con todos aqueles que forman e formaron parte desta “gran familia”: profesores, alumnos, persoal non docente, e por suposto, familias.