PCR: Os nosos amigos de Honduras

Este ano, os nosos alumnos e alumnas de 3º A e B de primaria e os seus profes, levaron a cabo un Proxecto de conocemento da realidade (PCR), a través dun hermanamento con dúas aulas de quinto de Primaria das escolas Santa Teresa de Jesús e Santa Clara de Asís que a ONG Acoes ten nunha das zonas máis marxinais de Tegucigalpa, capital de Honduras.

Na primeira fase, cada neno escribiu unha carta ao seu “futuro amigo” explicándolle un pouco acerca da súa vida diaria. Esas cartas enviáronse a Honduras con toda a ilusión de recibir resposta.

A partir de ahí, e por grupos, investigaron a cerca da cultura, costumbres, gastronomía, etc… do país, tanto a través de internet e libros, como por medio dunha exposición de productos característicos que puideron disfrutar nas súas aulas.

Para ahondar máis na realidade social que viven os seus novos amigos, o Presidente da ONG, Patricio Larrosa, veu a darlles unha charla, acompañada duns videos onde puideron descubrir as realidades tan diferentes que vivimos.

O momento máis emocionante foi recibir, pouco tempo despois, as cartas procedentes das escolas e os videos nos que saían lendo as súas cartas, dende o outro lado do mundo.

Para rematar, realizaron un video a través do cal presentaban o noso colexio, as súas rutinas, etc… Para velo, pinchade aquí.

Confiamos en que esta experiencia tan enriquecedora non sexa a última.

Para ver todo o proceso en fotos, pinchade aquí.

E se queredes disfrutar dos videos que nos enviaron, aquí.