O Mago Buscacontos

Hai pouco, chegou ao noso colexio o Mago Buscacontos. Este mago é un personaxe misterioso que nos deixa pistas e enigmas por todo o colexio aos alumnos e alumnas de Primeiro e Segundo de Primaria ao longo de todo o curso.
As pistas sempre levan a súa sinatura M.B. ou nos deixa a súa caixa.
Nesta ocasión deixounos unha nota na porta de saída ao patio na que se lles presentaba oas alumnos de primeiro que aínda non o coñecía, explicándolles que este ano virá cargado de sorpresas e novas aventuras.
Coas primeiras pistas do Mago Buscacontos atopamos un conto novo “Corre, corre cabaciña”.
Grazas a el estuivemos traballando o Samaín. Ata nos deixou larpeiradas como premio ao esforzo nun concurso de cabazas.
Seguimos agradando polo Mago moi atentos por se nos deixa novas pistas!!!

Para ver as fotos, pinchade aquí.