En Setembro estreamos servizo de Ludoteca!!!

No noso afán por axudar á conciliación da vida familiar e laboral, e ante a crecente demanda dun servizo de atención aos máis pequenos en horario de tarde, o colexio desenvolveu o proxecto dunha Ludoteca en horario de 16 a 18h., que poderá ser utilizado polo alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria, tanto ao remate do comedor (cun custo reducido para os seus usuarios) ou de maneira puntual. 

Este servizo comenzaría ao iniciar o novo curso escolar e, sempre e cando, houbera un número suficiente de familias interesadas.

¡Confiamos en que teña unha gran acollida!