Asociación Bicos de Papel

Esta entrada é distinta ás que soemos publicar. Nesta ocasión queremos mostrar o noso apoio e admiración a unha asociación de aquí, de Vigo, cun nome precioso, e unha historia máis bonita ainda.

Gústanos considerarnos, ademáis dun cole, unha familia, e non fai moito que un dos nosos rapaces tivo que enfrentarse a unha dura batalla na que, tanto él como a súa familia, mostraron unha coraxe e unha forza admirable.

E, como por desgracia, esa loita é a de moitos, un grupo de mamás e papás uniuse para formar esta asociación de axuda a nenos oncolóxicos e as sús familias dende o momento do diagnóstico e que son tratados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Así que dende aquí invitámosvos a coñecelos e apoialos na súa loita (https://bicosdepapel.org/)