A escritora Ledicia Costas visita o Colexio Alba

A creadora de historias, Ledicia Costas, compartiu un tempo marabilloso co alumnado de 1º de ESO. Faloulles de Escarlatina, a cociñeira defunta e animounos a ler e escribir en galego. Os rapaces e as rapazas aproveitaron a ocasión para resolver dúbidas e preguntar  curiosidades verbo da trama e das personaxes. Ledicia agasallounos con divertidas anécdotas e mais cunhas adicatorias moi enxeñosas.

Para velas fotos, pinchade aquí.