VI Intercambio con Alemaña

Un ano máis, comezamos a organizar o que será o noso sexto intercambio con Alemaña, xa que ambos colexios quedamos moi contentos coa experiencia. Como en anos anteriores, os cursos que poderán realizar o intercambio serán 2º e 3º ESO. Levarase a cabo dependendo do número de alumnos que se inscriban.

Antes de anotarvos pensádelo ben, xa que ides a ter que pasar tempo cunha familia que non é a vosa e na que só o alumno/a adoita falar castelán. Todos os días (menos o domingo) os mestres españois veremos aos alumnos e en todo momento levaremos un móbil alemán cuxo número teñen as familias alemás, por se se queren pór en contacto os alumnos cos mestres. É un intercambio, así que o obxectivo é vivir a experiencia de estar cunha familia europea e aprender a súa cultura.

O prezo oscilará entre 350 e 550€, facéndose o pago en dous partes: un primeiro prazo para o billete de avión e o autobús, e o segundo pago será para as excursións que fagan os alumnos aquí.

Intentaremos que o intercambio sexa unha semana antes de que comecen as clases en Setembro do 2018. Eles virán sobre mediados de abril do 2019.

Se vos queredes anotar poremos, tenéis abajo un impreso que teredes que cubrir e deixar na secretaría (a data límite de entrega da inscrición será o 25 de maio) . Iso si, escribide claro os vosos datos, sobre todo o voso correo electrónico.

Faremos unha REUNIÓN no colexio na sala multiusos por se tedes algunha dúbida o xoves 10 de maio ás 17:30h.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Animadevos!

Reciban un cordial saúdo, Mª José Bravo – Coordinadora Intercambio Alemania