Plurilingüismo

CPR PLURILINGÜE

A intención do colexio é ofrecer unha educación integral a o alumno. Por iso consideramos que o alumno debe coñecer con soltura dous idiomas da comunidade europea (respondendo así o Marco Común de Referencia), a parte do idioma materno e o idioma autonómico, para así formar cidadáns do futuro que se poidan integrar plenamente na comunidade europea, xa que consideramos que a aprendizaxe de linguas constitúe un elemento esencial no proceso de construcción dunha identidade europea.

Con este desexo queremos unirnos no esforzo da Xunta e ofrecer aos nosos alumnos un Centro Plurilingüe. Deste xeito consideramos que estamos a apostar por mellorar as competencias lingüísticas dos nosos alumnos dotándoos de competencias plurilingües e pluriculturais, atendendo así aos obxectivos establecidos na L.O.E.

O plurilingüismo enfatiza o feito de que conforme expándese a experiencia lingüística do alumno, impartindo clase de diferentes materias non lingüísticas noutro idioma, estase a aumentar as súas capacidades. As competencias lingüísticas e culturais respecto a cada lingua modifícanse mediante o coñecemento doutra lingua e contribúen a crear unha conciencia, unhas destrezas e unhas capacidades interculturais. Permiten que o individuo desenrole unha personalidade máis rica e complexa, e melloren a súa capacidade de aprendizaxe posterior de linguas e de apertura a novas experiencias culturais.

O colexio sempre impulsou e fomentou a aprendizaxe dos idiomas. De feito, dende hai anos, lévase a cabo un  intercambio cultural cun centro de Alemania, con resultados moi positivos. Os nosos alumnos van alí unha semana e viven con familias alemás, vendo e vivindo a súa cultura e aprendendo un pouco o seu idioma, e logo os alumnos alemáns veñen unha semana a Vigo a vivir a mesma experiencia cunha familia española.

O centro empezou a ser plurilingüe no curso 2011-2012. Dende o principio buscouse o equilibrio entre as linguas da nosa comunidade e o inglés, impartindo as materias en todolos idiomas dunha maneira equitativa (1/3 en castelán, 1/3 en galego e 1/3 en inglés). Os docentes que imparten estas asignaturas están altamente cualificados e sempre intentan motivar aos alumnos, ensiñándoles non só a materia, senón tamén a cultura anglosajona. Ademais, coma todos os mestres, valorase e foméntase o traballo en grupo, o esforzo, a creatividade, a iniciativa... todos os valores que busca o centro que teñan os nosos alumnos.

Polo de agora está a ter moi bos resultados, resultando ser unha experiencia moi positiva tanto para os alumnos coma para as familias. Durante o curso pasado os rapaces estiveron moi motivados e aprenderon moi rápido a desenvolverse no idioma extranxeiro. Comenzouse no curso 1º de EP e agora xa se está a impartir en 1º e en 2º de EP.