Infantil

Respectamos o ritmo de maduración de cada un dos nosos alumnos e das nosas alumnas, ofrecéndolles un espazo onde aprender de maneira dinámica e lúdica, utilizando unha metodoloxía mixta ao combinar recantos, obradoiros, resolución de retos e proxectos, que cubran, da mellor forma posible, todas as necesidades de descubrimento, estimulación e desenvolvemento dos nenos e das nenas.

1. CADRO PEDAGÓXICO

Coordinadora – Guadalupe Pérez Pérez

Titora 3 anos A – Guadalupe Pérez Pérez
Titora 3 anos B – Olalla Peteiro Pereda / Borja Santos Diz
Titora 4 anos A – Alda Diz Lorenzo
Titora 4 anos B – Pilar Barreiro Lubián
Titor 5 anos A –  Adolfo Pérez Vilar
Titora 5 anos B – Mª Paula Rodríguez Amenedo
Mestra de música e inglés – María González Reverter

2. HORARIOS

Entrada exclusiva pola Rúa Torrente Ballester.

De 9:00 a 14:00h.

A saída farase escalonada, comezando 5 minutos antes os de 3 anos, para evitar aglomeracións na porta.

3. UNIFORME

O uniforme será obrigatorio, así coma o mandilón do colexio, dende o primeiro día de clase.

4. INGLÉS

Iniciación na aprendizaxe desta segunda lingua dende os tres anos cunha mestra especialista.

5. MÚSICA

Clases de música dende os tres anos co fin de desenvolver as aptitudes musicais dos/as nenos/as, así como as rítmicas, psicomotoras, etc…

6.NoVAS TECNOLOxÍAS

Achegamento ás novas tecnoloxías mediante a utilización de recursos interactivos, como complemento dos materiais tradicionais, coa intención de ofrecer novas oportunidades de aprendizaxe a través do ordenador e da pizarra dixital.

7. SERVIZOS

  • Aula matinal
  • Comedor
  • Biblioteca e estudio
  • Departamento de Orientación
  • Campamento urbano

8. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Segundo oferta anual, que se comunicará ó principio do curso.